luns, 29 de xuño de 2009

CALENDARIO ESCOLAR 2009/2010

Orde do 15 de xuño de 2009 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2009-2010 nos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG nº 120).

Actividades lectivas:
Realizaranse do día 10 de setembro de 2009 ao 22 de xuño de 2010, ambos os dous inclusive.

Períodos de vacacións:
1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2009 ata o día 7 de xaneiro de 2010, ambos os dous inclusive.
2. Semana Santa: desde o día 29 de marzo ata o 5 de abril de 2010, ambos os dous inclusive.
3. Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2010.

Conmemoracións:
1. Durante o curso escolar terán lugar, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
-Do 1 ao 11 de decembro de 2009: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
-10 de decembro de 2009: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
-30 de xaneiro de 2010: Día da Paz.
-8 de marzo de 2010: Día Internacional da Muller Traballadora.
-15 de marzo de 2010: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
-Do 8 ao 12 de marzo de 2010: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
-Entre o 12 ao 30 de abril de 2010: Día do Libro.
-7 de abril de 2010: Día Mundial da Saúde.
-9 de maio de 2010: Día de Europa.
-Do 18 ao 21 de maio de 2010: Semana das Letras Galegas.
-5 de xuño de 2010: Día Mundial do Ambiente.

2. Cando algunha das datas a que se refiren os puntos anteriores sexa sábado, domingo, festividade local ou estea incluída nalgún dos períodos de vacacións establecidos no artigo 6º desta orde, a correspondente conmemoración realizarase o día lectivo inmediatamente anterior ou posterior segundo estableza a programación xeral anual.
3. As datas a que se refire o punto 1 son lectivas para todos os efectos e nelas os centros deberán
organizar actividades diversas, tendentes a salientar a importancia das referidas conmemoracións.

Ningún comentario: