xoves, 1 de setembro de 2016

Actividades extraescolares propostas pola ANPA para este novo curso 2016/17

Estimadas Familias,

Poñémonos en contacto con vos, para informarvos da oferta de actividades extraescolares organizadas pola ANPA, así como dos prazos e datas de inscrición.

Ábrese o prazo para as inscricións dende o 12 ata o Luns 26 de Setembro excepto para o Aula Matinal que o prazo comezará o 1 de setembro e continúa durante todo o curso (consultar condicións no documento ligado). Tódalas actividades teñen unha cota de alumn@s admitidos. O orden de prioridade para obter praza nas actividades será a seguinte:
  1. Alumn@s pertencentes á ANPA e que repitan actividade.
  2. Alumn@s con algún irmán na actividade.
  3. Orden de presentación de solicitudes.
A listaxe de admitidos e reservas publicarase no centro e na web o Mércores 28 de Setembro, así como as prazas vacantes de tódalas actividades se as houbese.

As actividades darán comezo no mes de Outubro e rematarán no mes de Maio (8 meses), excepto Aula Matinal, que comezará a funcionar o primeiro día de clase e rematará o último día lectivo. Para que as actividades se poidan levar a cabo, deberá haber un cota mínimo de nen@s en cada actividade.

Os grupos e horarios poderán ser modificados dependendo das necesidades organizativas das mesmas.

Se durante o curso se produce algunha baixa chamarase por rigoroso orde de lista de reserva. Se aínda así non se chegase o cota mínimo de alumn@s a actividade poderase suspender.

As actividades xeraran un compromiso por parte das familias de chegar tanto á entrada cómo á saída puntuais para non entorpecer o bo funcionamento das mesmas.

O pago das actividades será mensual, a través da domiciliación bancaria e o recibo cargarase en conta o día 10 de cada mes. As tarifas son por mes completo, se algún neno falta a algunha clase non se farán descontos. As BAIXAS deberán ser notificadas entre o 20 e o 25 do mes anterior á baixa, e no caso de DEVOLUCIÓN DE RECIBO, estes serán aboados, mediante unha nova remisión do cobro xunto cos gastos que orixine dita devolución. (A ANPA NON SE RESPONSABILIZA DA DEVOLUCIÓN DE RECIBOS SE NON SE NOTIFICA A BAIXA ANTES DO DÍA 25 DO MES ANTERIOR). Se alguén non desexa domiciliación bancaria, a forma de pago será por CURSO COMPLETO, un único pago do importe total na segunda quincena de Outubro, na conta:
  • ABANCA: Nº CONTA: 2080 5079 83 3040001135.
A participación nas actividades supón aceptación e o respecto das normas establecidas e para iso deberase cubrir e firmar correctamente a folla de inscrición adxunta.
  •  AULA MATINAL. Actividade que permite conciliar a vida familiar e laboral, ofrecendo un servizo de recollida dos nen@s dende as 08:00h, e ata o inicio das clases. Dende o primeiro día lectivo e ata o último.
  •  TALLER LÚDICO EN INGLÉS: Clases faladas coas que se pretende que @s nen@s aprendan o idioma naturalmente. Grupos de infantil e grupo de primaria.
  • CONTACONTOS E EXPRESIÓN CORPORAL: Esta actividade permítelle aos nen@s manifestar a súa capacidade creadora e imaxinativa, axudándolle a dominar a expresión corporal e oral,etc. Dirixida ó grupo de infantil ata 2º de primaria incluído.
  • TEATRO: Actividade dinamizativa q permite ampliar as súas capacidades de imaxinación e imitación, favorecendo a integración no grupo. A partir de 3º primaria
  • INTELIXENCIA EMOCIONAL. Habilidade das persoas para atender e percibir os sentimentos de forma axeitada e precisa, a capacidade para asimilalos e comprendelos e a destreza para regular o noso estado de ánimo e o dos demais.(Grupo PRIMARIA)
  • TALLER LÚDICO ALEMÁN. Xogos e cancións en lingua alemán, onde se iniciaran neste idioma dun xeito lúdico. A partir de 5 anos.
  • DIVERCIENCIA. Taller moi dinámico onde os nen@s se transformarán en científicos a través do xogo. Tódalas idades.
  • BAILES LATINOS. A cargo da escola Chachachá, imparten clases de bailes latinos a partir dos 5 anos.
  • Tamén se oferta CLASES PARA ADULTOS, (pais e nais dos alumnos do cole), cun desconto especial para os socios da Anpa (para máis información ESCOLA CHACHACHÁ)
  • ZUMBA ADULTOS. Actividade deportiva con moito ritmo a través do baile e música.
  • INFORMÁTICA. A academia LOGOS, oferta clases que abarcan dende mecanografía, paquete office, paint, navegador...etc, dispoñendo de un pc por nen@ Inscricións e horarios na academia. Tarifas:  2h/semana/mes = 18 €/alumn@  ADULTOS: 2h/semana/mes = 25 €
Tede presente que estamos agardando a oferta deportiva a enviar pola "Deputación de Pontevedra" e pola "Fundación Cangas Deporte".

Ningún comentario: